Astronomía a ollo ceibe
Autor:
Ramón María Aller
Editorial:
USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA
Idioma:
GLG
Páginas:
286
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Ficha técnica
- Autor
- Ramón María Aller
- Editorial
- Usc.univ.santiago compostela
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 286
- Encuadernación
- Libro en otro formato
- Disponibilidad
- Disponible
Tradución galega da obra divulgativa Astronomía a simple vista, publicada orixinalmente en 1948 e reeditada facsimilarmente pola Universidade de Santiago de Compostela en 1998 e 2014, de autoría do gran astrónomo e matemático, catedrático que foi da USC e fundador do seu Observatorio Astronómico, Ramón María Aller Ulloa (1878-1966). A edición galega, ademais dun considerable esforzo de adaptación léxica, conceptual e estilística a prol dunha magnífica obra de iniciación á astronomía en lingua galega, representa tamén unha homenaxe á dimensión humana e científica do seu autor, con ocasión do L aniversario do seu pasamento. Nesta obra, Ramón M. Aller quixo lembrar os seus comezos de astrónomo a simple vista e facilita ao afeccionado un libro senlleiro entre os de divulgación astronómica. Tal como non é afeccionado a pescar quen se limita a ver gravados ou a ler descricións sobre o mar ou os ríos, e supérao en afección quen pola súa propia man pesca un peixiño por ben pequeno que sexa, así neste libro non se atoparán fermosos discursos sobre o Sol, a Lúa ou as estrelas, senón que pon nas súas mans o entretemento que lle permitirá, xogando, sen esforzo, facer observacións;nunha palabra, como di o seu autor, aprenderalle a ler no libro marabilloso que todas as noites se abre sobre o azul do ceo.
