AS SETE MORTES DE LEOPOLDO PARDO
18,95€
Autor:
Jorge Emilio Boveda
Editorial:
XERAIS
Idioma:
GLG
Páginas:
168
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Ficha técnica
- Autor
- Jorge Emilio Boveda
- Editorial
- Xerais
- ISBN
- 9788491213055
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 168
- Encuadernación
- Libro en otro formato
- Disponibilidad
- Disponible
Leopoldo Pardo -Leopardo-, ex-presidiario e antigo vixilante xurado, traballa agora na cidade de Auria como axente de seguros da compañía Nationale Switzerland. Un día recibe un encargo especial dun cliente extravagante: asegurar sete obxectos paradigmáticos da cultura galega entre os que están a máquina de escribir de Blanco Amor ou a caveira de Breogán. Os sete obxectos están asociados a sete contravalores que rexen a sociedade actual e Leopardo deberá documentar graficamente a existencia deses antivalores para cobrar as primas das pólizas. Unha tarefa considerada fácil en primeira instancia... Bóveda ofrece, agora en Xerais Narrativa, o terceiro volume das andanzas do inefable Leopoldo Pardo, comezadas en " Asasinato no centro comercial " e continuadas en " A morte vén en chancletas " . « " As sete mortes de Leopoldo Pardo " é unha das mellores obras do autor ourensán, na que se conxugan a ironía, un pouso tolo de obras de Vicente Risco e Curros Enríquez, e unha análise revelada da putrefacción nos comportamentos sociais de hoxe en día.» (Herminio Espada Gómez) «Unha revisión moderna do " Divino Sainete " , unha homenaxe secreta á novela " Drácula " , chea de simbolismos e chiscadelas a dúas culturas: a galega e a popular. En definitiva, outra xanela aberta nas letras galegas.» (Francisco Roque Brito)
