As pescadoras
14,00€
Ficha técnica
- Autor
- Nadia Nenotti
- Editorial
- Kalandraka
- ISBN
- 9788484642831
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 36
- Encuadernación
- Tapa dura
- Disponibilidad
- Disponible
"As pescadoras" é unha adaptación dun conto tradicional da India que destaca polo seu poder evocador dos sentidos a través da descrición de lugares, sons, aromas... Chama moito a atención a fermosa e delicada proposta plástica, a base de minuciosas escenografías con pequenas figuras: personaxes, obxectos e adornos elaborados con madeira, cartón, aramios ou elementos téxtiles, entre outros materiais. As protagonistas son sorprendidas por unha forte tormenta e atopan acubillo na casa dunha hospitalaria florista. Alí descobren que, ante o intenso olor a flores da habitación onde esta lles ofrece repouso, prefiren descansar ulindo a redes, peixes, algas e salitre.
