As augas interiores
17,95€
Ficha técnica
- Autor
- Blanca Riestra
- Editorial
- Xerais
- ISBN
- 9788411106528
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 232
- Encuadernación
- Rustica
- Disponibilidad
- Disponible
A protagonista de «As augas interiores» embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio. A nave non dá avanzado, xira arredor de si mesma igual ca unha obsesión ou un remorso, cústalle subir cara ás augas frías onde se amorean os restos de afundimentos e os cadáveres. Entre a tripulación, salienta o grupo dos mergulladores, estirpe sinistra que é quen de conversar cos monstros mariños e coas sereas, irresistibles e letais. Neste texto, que non respecta as barreiras dos xéneros pero que poderiamos cualificar como novela de aventuras e thriller psicolóxico, atopamos momentos de tensión absoluta que conseguen centrar a atención do lector e arrastralo ata as simas máis fondas do xélido océano.
