Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

Arraianos

20,50

Autor:
X. L Méndez Ferrín

Editorial:
XERAIS

Idioma:
GLG

Páginas:
200

Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO

SKU: 9788497821285 Categoría:

Ficha técnica

Autor
X. L Méndez Ferrín
Editorial
Xerais
ISBN
9788497821285
Idioma
Galego
Páginas
200
Encuadernación
Tapa blanda o bolsillo
Disponibilidad
Disponible

A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro, para moitos descoñecido;un mundo a trasmán, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo, incapaz sen embargo de borrar a conexión histórica e cultural entre os dous lados da raia. A recreación literaria deste espacio humano e xeográfico, adquire perspectiva e profundidade no percorrido da ficción a través de tempos e momentos históricos diferentes: a rebeldía romántica do Exclaustrado de Diabelle contra a cesión do Couto Mixto á Coroa española a mediados do XIX;a imposición ideal das autoridades republicanas en Ourense sobre os sublevados o 18 de xullo do 36;a violencia asasina das cuadrillas falanxistas nos primeiros anos da posguerra ou a persecución e captura de militantes galegos antifranquistas nos anos sesenta. O servicio dunha relativa unidade temática, pretendida na común referencia espacial do conxunto, Méndez Ferrín emprega técnicas narrativas -ritmos, puntos de vista, construccións- moi diversas, ademais de facer un uso intencionado de formas dialectais do galego arraiano ou mesmo portugués estándar. Un arraiano, de Vilanova dos Infantes, non podía ser de outra forma, lévanos deica terras escravas onde a xente mira con ollos vacunos e avultados. Xente coa que, por algunha razón, é preciso ter moito coidado.