Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

Amor dos quince anos, Marilyn

13,95

Autor:
Agustín Fernández Paz

Editorial:
XERAIS

Idioma:
GLG

Páginas:
160

Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO

SKU: 9788483026083 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Agustín Fernández Paz
Editorial
Xerais
ISBN
9788483026083
Idioma
Galego
Páginas
160
Encuadernación
Tapa blanda o bolsillo
Disponibilidad
Disponible

Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder, pero que acaba feita cinza, coma un soño que se esvae. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá. Unha pantasma regresa, como cada vintecinco anos, ó vello pazo familiar. Velaí algunhas das imaxes que fixeron nacer os cinco relatos de Amor dos quince anos, Marilyn. Un libro co Agustín Fernández Paz quere render unha homenaxe ó cine e ós seus mitos, cando se cumpren cen anos do seu nacemento.Amor dos quince anos, Marilyn, publicado inicialmente na colección Merlín en 1995, recupérase para a colección "Fóra de Xogo", obtivo un unánime recoñecemento da crítica:"Agustín Fernández Paz rende homenaxe á sétima arte nun volume onde os recordos e a paixón se mesturan nunha escrita colorista e áxil. Fernández Paz propón unha deliciosa narración sobre un olimpo de estrelas onde a vida e o soño ulen a celuloide" (O Correo Galego)."Actores que deixaron pegada na grande pantalla, personaxes que atoparon no celuloide o mellor dos medios para facerse reais, e todo un cúmulo de sensacións, vivencias e sentimentos xurdidos ó redor das tardes de cine, entretecen estas cinco historias magnificamente narradas nas que o autor, confírmase, de novo, como un dos máis interesantes do actual panorama literario" (Xián Xaneiro, CLIJ)"A conclusión engaiolante que un tira lendo Amor dos quince anos, Marilyn é que o autor sabe que a fábrica dos soños' do ser humano non vai morrer xamais" (Xoán Acuña, Atlántico diario).