Álex ten vergoña
16,00€
Ficha técnica
- Autor
- Natalia Shaloshvili
- Editorial
- Kalandraka
- ISBN
- 9788413434094
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 32
- Encuadernación
- Tapa dura
- Disponibilidad
- Disponible
Unha historia tenra e divertida que convida a superar a timidez e a compartir xogos e afectos. Cando Álex chega á casa de Leo para gozar dunha tarde de xogos, encóntrao cheo de enerxía e listo para a acción. Leo quere xogar coa súa amiga aos restaurantes, formar con ela unha banda de rock ou voar xuntos á Lúa. Álex imaxínase preparando esponxosos pasteis, actuando sobre o escenario ou sucando o espazo, pero a súa timidez véncea rapidamente e só desexa volver á casa. Como poderá demostrarlle a Leo que de verdade quere xogar con el Natalia Shaloshvili regresa con outra historia inspirada nas súas propias experiencias infantís dedicada a aqueles nenos e nenas que necesitan máis tempo para socializar. Un álbum cheo de tenrura e humor no que un pequeno cachorro de lobo é capaz de superar a súa vergoña e timidez coa axuda do seu amigo para, por fin, gozar xogando xuntos.
