Agora, eu cariota
14,96€
Autor:
Xosé Gago
Editorial:
LAIOVENTO (IBD)
Idioma:
GLG
Páginas:
82
Encuadernación:
OTRO FORMATO LIBRO
Ficha técnica
- Autor
- Xosé Gago
- Editorial
- Laiovento (ibd)
- ISBN
- 9788484877523
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 82
- Encuadernación
- Otro formato libro
- Disponibilidad
- Disponible
oO xogo de palabras que organiza o título de Agora, eu cariota, deconstrución do signo, reconstrución do eu integrado como especie biolóxica no corpo superior da Natureza, trascende o perímetro da función lúdica para ser pronunciado como significado central dun discurso poético que se constrúe a el mesmo ao xeito de moi suxestiva Semiótica da realidade natural, elaborada co instrumento dobre da Ciencia e a Poesía. Xosé Gago escrebe a paisaxe e, asemade, le o texto dun "mundo en colapso", tal como entende Susana Sanches Aríns o libro nun limiar de alto nivel expresivo, magnífica escrita en espello. O autor transparenta a continuación as liñas da súa vontade de acción transformadora a través do poema: "Nun mundo cada vez máis precariota, a resposta está nos procesos comunitarios, pluricelulares. Facernos eucariotas para perdernos no colectivo". O eu desprendido do título quebrado medra cara á dimensión da persoa plural para fundirse coa materia da Natureza e das tribus humanas en alegato de vibrante e ben temperada disidencia. oSen dimitir da fundamental pulsión épica, o poeta de Agora, eu cariota evita a pronuncia hipertrofiada do manifesto combativo tanto como a declaración esencial e inocente da comunicación pedagóxica. Este libro fundamenta a súa arquitectura nos alicerces da experiencia emocional, que se verbaliza a través dun discurso de singular estilo, fluído natural dunha voz que se interna con frecuencia en desvíos de imaxe inesperada, enigmática, polisémica, e que avanza en procura do "cromosoma da nosa identidade profunda"oXosé Mª Álvarez Cáccamo
