Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

Afouteza celtista

25,00

Autor:
Manuel Bragado

Editorial:
ELVIRA EDITORIAL

Idioma:
GLG

Páginas:
320

Encuadernación:
OTRO FORMATO LIBRO

SKU: 9791399166835 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Manuel Bragado
Editorial
Elvira editorial
ISBN
9791399166835
Idioma
Galego
Páginas
320
Encuadernación
Otro formato libro
Disponibilidad
Disponible

Este libro recolle un monllo de prosas celestes que o editor e mestre celtista Manuel Bragado compartiu nas tres últimas décadas. Escritas dende a urxencia da súa publicación inmediata e da ollada crítica dun abonado de Río Alto, dos que forman o lío, como desvelaba a foliada do grupo A Roda, recuperan do esquecemento algúns dos episodios máis destacados da historia celeste: a fundación centenaria, o significado das cores do vestiario, o carácter sagrado do estadio de Balaídos, a afouta sobriedade na obtención de grandes trofeos, a súa indiscutible competitividade na Primeira División, bautizada como afouteza, que o converteu no primeiro club de fútbol de Galicia, seguido en todo o planeta. Textos escritos en tensión, coas emocións do seareiro e o espírito didáctico do profesor, sen perder a vontade de estilo nin a fala popular viguesa nin a retranca nin a hipérbole coa que se comparten xornadas celestes felices e outras de interminables padeceres celtistas. Crónicas de partidos dos adestradores das últimas décadas, nos que se dedica maior atención á revolución liderada por Claudio Giráldez, responsable da alquimia entre figuras experimentadas e promesas da canteira, que devolveu o club á competición europea e fixo estoupar un novo celtismo global e interxeracional.