A timidez das copas
10,00€
Ficha técnica
- Autor
- Ruth Oliveira
- Editorial
- Laiovento (ibd)
- ISBN
- 9788484875529
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 54
- Encuadernación
- Null
- Disponibilidad
- Disponible
A timidez das copas é un fenómeno biolóxico que consiste nun distanciamento das árbores na súa cúspide. As follas máis altas deteñen o crecemento para non tocarse coas das copas adxacentes. O espazo resultante debuxa unha sorte de aberturas que permiten a entrada de luz no bosque. É así posible a fotosíntese. A poesía percorre os carreiros do ceo a través do desexo, a procura, a incerteza. A maternidade cóase no torrente das fendas, ancora na frondosidade para crear unha natureza inventada. Afastarse do estalido da realidade. Un lugar ao abeiro do bosque no que experimentar o vínculo dende o sosego e o silencio. Co paso lento procuro non deixarpegada nesta fraga virxePrometer un ronsel invisible a cambiodun refuxio.
