A chuvia sobre o mar
17,95€
Autor:
Luis Caparrós Esperante
Editorial:
LAIOVENTO (IBD)
Idioma:
GLG
Páginas:
226
Encuadernación:
OTRO FORMATO LIBRO
Ficha técnica
- Autor
- Luis Caparrós Esperante
- Editorial
- Laiovento (ibd)
- ISBN
- 9788484877646
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 226
- Encuadernación
- Otro formato libro
- Disponibilidad
- Disponible
Na aldea costeira de Carnoelle, onde non rexe o tempo dos reloxos, dous xoves amantes, Amaro Mariño e Luscinda, van procurar refuxio no casal do vello tío Nicolás Mariño, acubillado alí na memoria e nas reliquias de días pasados. Son tres voces, tres personaxes con perfís ben diferentes, mais unidos na arela dunha vida suspendida e conformada pola música ou a literatura. Mais estamos en 1936, e a situación real da xente traballadora, coma Andrés, o mozo comunista, e as tensións políticas e de clase, xunta as ameazas do fascismo, bulen incómodas baixo o pretendido paraíso.A guerra, en principio un rumor distante, vai crebar con violencia esas ilusións e obrigará cada personaxe a enfrontarse ao que realmente é. A chuvia sobre o mar non é unha crónica bélica, nin un recordatorio máis da represión e das súas circunstancias, senón unha indagación moral sobre a covardía, a supervivencia e o prezo de manterse con vida nun mundo que se derruba. Aquel mundo que ben puidera ser o noso, en que asistimos á emerxencia ameazadora de forzas semellantes. A imposible neutralidade esvaece e a propia alma convértese en última moeda de cambio.Cunha prosa lírica e hipnótica, Luís Caparrós Esperante constrúe unha novela onde memoria e ficción, verso e relato, se entrelazan para revelar a fraxilidade dos ideais e a indiferenza da natureza fronte á traxedia humana, tan inútil e fermosa como a choiva a caer sobre o mar.
